sábado, 1 de febrero de 2014

Black mirror: O himno nacional.

    O mes pasado puxéronnos no instituto o primeiro capítulo da serie Black mirror, chamado "O himno nacional", no que un artista secuestraba á princesa e só a soltaría se o presidente tiña sexo cun porco na televisión. Ao final o presidente cumple co mandato do secuestrador, aunque descoñecían que a princesa xa fora soltada e que non facía falla facelo.

    Se analizamos o nome da serie, podemos entender un pouco o argumento desta. Black mirror, espello negro, o espello que reflexa o peor de ti, o peor da sociedade. Outra interpretación na que eu non caíra é a de as pantallas negras dos aparatos electrónicos cando están apagados, así coma a televisión ou os móbiles, a través dos cales "exercemos" o noso papel dentro da sociedade. 

    Persoalmente pareceume un capítulo moi interesante que dá moito para reflexionar. A pesar de que foi un pouco desagradable, que o capítulo che cre unha emoción quere dicir que está ben feito. Ademais pareceume unha boa idea para todos os temas que trata o episodio. Un das cousas que máis me gustou foi a maneira en que o capítulo che matén en vilo ata o final, xa que non sabes nunca o que vai pasar ata que chega o desenlace, que para min foi bastante inesperado porque non cría que o presidente fora facer o que o secuestrador lle mandara: ter sexo cun porco.

    O capítulo preséntanos varios temas, como por exemplo a censura, como as persoas nos sentimos influenciadas polo que os demais ven, o poder dos medios por internet, a vulnerabilidade do poder... Eu decidín falar do que me parece uns dos máis interesantes: a influencia da opinión pública nos actos dos gobernantes. En "O himno nacional" o presidente vése nun importante dilema, o cal non o resolve el nin o seu equipo, senón a opinión dos cidadáns de a pé. Cando se coñece a condición que ten que levar a cabo o presidente para que se libere á princesa, os medios non tardan en saír a facer enquisas para ver que opinan os cidadáns, para que o presidente non os defraude, xa que o seu poder depende deles. A maioría destes responden que non o faga, xa que é humillante e desagradable. Pero a medida que avanza o capítulo as peroas van cambiando a súa opinión debido a que non se coñece nada sobre o paradero da princesa e teñen medo de que a maten. É esta enquisa a que obriga ao presidente a levar a cabo o mandato do presentador, é a opinión pública a que lle empurra a facelo. Aquí podemos ver claramente que os gobernantes (non todos, pero a maioría) están condicionados pola opinión pública e que as súas accións dependen desta. Dito isto, quen ten realmente o poder?  
                   





No hay comentarios:

Publicar un comentario